Unha selección de obras indispensables da literatura universal de tódolos tempos


As Bibliotecas Municipais da Coruña traballan colaborativamente na creación dun repositorio de literatura universal partindo da especialización de cada biblioteca:

  • Biblioteca Castrillón : Literatura hispanoamericana e brasileira
  • Biblioteca Forum Metropolitano : Literaturas nórdicas , eslavas e centroeuropeas, literatura alemana, grega e rusa
  • Biblioteca Infantil e Xuvenil : Literatura infantil
  • Biblioteca Estudos Locais : Literatura galega e portuguesa
  • Biblioteca Monte Alto : Literaturas africanas e asiática, italiana e francesa
  • Biblioteca Sagrada Familia : Literatura inglesa, canadiense e australiana
  • Biblioteca Os Rosales : Literatura americana (USA)
  • SMB : Literatura española
external image books_books_books_184965.jpg


I. Razóns para esta especialización:


  • Necesidade de equilibrar as coleccións da rede de Bibliotecas Municipais da coruña, diversificando a adquisición dos fondos.
  • Establecer os criterios para facer unha selección adecuada e equilibrada.
  • Compromiso por parte das bibliotecas de respectar eses criterios.

Cerebro colectivo, sabiduría das multitudes, coñecemento compartido... son expresións que agora cobran máis forza que nunca neste traballo cooperativo de selección e análise dos indispensables da literatura universal de todos os tempos.

II. Procedemento:


Elaboración dun repositorio onde cada biblioteca vai poñendo o que ela considera debe haber dentro do grupo de literaturas que lle tocara traballar

Nese repositorio ten que haber: títulos ademais de autores ( compromiso por parte das bibliotecas de comprar en base a estas listaxes) e debe constar do seguinte:
  • Autores que deberían de formar parte da colección básica.
  • Autores pertencentes a esas literaturas que deben estar pero non nas coleccións básicas.